Acceso usuarios
Suscripción Boletín
Agenda
Ficha detallada del recurso
Plan cultural de grupos artísticos y musicales. Marín
O obxecto do PLAN CULTURAL DE GRUPOS ARTÍSTICOS E MUSICAIS é a difusión cultural a través das actuacións de grupos folclóricos, culturais, musicais, etc. do Concello de Marín en actos programados, previa petición dos/as Presidentes/as das Comisións de Festas e outros colectivos, como achega do Concello á realización de ditos festexos, ou actividades culturais. Có fin de concretar dito PLAN establécense as presentes BASES, que regulan as condicións da inclusión dos diferentes grupos nas categorías que se recollen nas mesmas. O Concello de Marín, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, retribuirá coa cantidade de 15.380’00 €, con cargo a aplicación orzamentaria 331.226.99 do Orzamento Municipal, aos grupos artísticos e musicais do concello, polas actuacións que realicen.
Poderán acollerse a estas axudas as seguintes agrupacións da localidade e que se atopen inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións: I. Bandas de Música II. Masas Corais III. Grupos Folclóricos IV. Bandas de Gaitas V. Banda de Tambores e Cornetas VI. Cuarteto Tradicional.
- Artes escénicas

Enviar a un amigo
